Como xa sabedes esta semana, co motivo do Entroido, tivemos o Mandadiño que nos ía dicindo cada día o que tiñamos que levar. Ademais este ano foi acumulativo, é dicir, cada día tiñamos que traer o de ese día xunto co que xa trouxéramos os días anteriores.
Hoxe chegou ao seu fin, porque mañá toca celebrar o Entroido cos nosos disfraces. E hoxe poidemos comprobar a transformación que fomos sufrindo durante toda a semana e así os nenos acabaron convertidos en nenas e as nenas en nenos. Desta forma cambiamos os roles por uns días dunha forma moi pero que moi divertida. Observade como acabamos hoxe...
0 comentarios:
Publicar un comentario