O martes 26 de outubro os nenos e nenas de Infantil xunto coas nosas mestras, tivemos unha merenda con froitos típicos do outono. Tiñamos unha gran variedade de froitas carnosas e froitos secos que fomos levando os días antes. Poidemos degustar mazás, peras, granadas, chirimoias, mangos, kiwis, pistachos, avelás, uvas, laranxas... Unha boa maneira de probar novas froitas e de ter un almorzo saudable.
As profes de Infantil agradecemos ás familias a colaboración prestada para poder levar a cabo esta experiencia.
0 comentarios:
Publicar un comentario