Hoxe no cole celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA xa que hoxe é o 30 de xaneiro, e sempre nesta data se celebra desde hai xa varios anos. Celébrase o 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi unha das persoas máis importantes na loita pola paz no mundo.
Para conmemorar o día os nenos e nenas de infantil decoramos o noso corredor cuns banderíns moi chulos que atoparon as nosas profes no blogue Menta más chocolate.
Tamén fixemos uns colgantes moi bonitos do símbolo da paz.
E finalmente participamos no mural que fixemos todos os nenos do colexio, incluidos os profes. O mural ten por título "AS CORES DA PAZ" e nel fomos estampando mans das cores do Arco da Vella. Para finalizar a celebración, cantamos todos xuntos a canción de José Luis Perales, Que canten los niños.
O xoves cando chegamos do comedor atopamos na nosa clase un cofre... A partir de aquí comezamos debatir sobre quen deixaría alí aquel cofre: Sería Bule-Bule? Sería Rafa? Serían os nenos de 3 ou de 5 anos? De repente, alguén dixo:
Seguro que foi un pirata
Un pirata en Mondoñedo??? Aquí non ai mar, como iba chegar aquí?
Non hai mar pero hai río e igual se perdeu
Despois de tanto divagar decidimos abrir o cofre e ver o que contiña dentro. Cal foi a nosa sorpresa cando descubrimos que dentre había un "catalexo", un parche, un garfo, unha pañoleta pirata, un pendiente e unha carta do PIRATAROMPEÓSOS que nos animaba a aprender cousas sobre os piratas. E nós que somos moi curiosos, aló imos! Comezmos novo proxecto: OS PIRATAS.
Menuda sorpresa nos levamos á volta das vacacións de Nadal. O xoves día 8 cando estabamos na asamblea chegou Rafa, o conserxe do noso colexio, cun paquete xigante:
Os Reis Magos deixaran o paquete en conserxería. No paquete poñía: Para os nenos e nenas de 4 anos do CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo. Firmado: Os Reis Magos de Oriente.
Que ilusión nos fixo!!! Laura que era a encargada ese día escolleu a Ivo para axudarlle a abrir o paquete e entre os dous descubriron o que era: UN TALLER!!! A verdade é que nos facía moita falta xa que o que tiñamos estaba todo roto. Agora si que o imos pasar ben no recanto do xogo simbólico!
E con unha mostra da portada dos nosos traballos, da nosa felicitación de Nadal e dos nosos adornos, os MERLIÑOS queremos desexarvos un BO NADAL e que o 2015 nos depare a todos o mellor.
A partir do 8 de xaneiro non vos perdades as novas aventuras que viviremos.
O venres foi un día de tolos, non paramos un só minuto. Pola mañá estivemos na aula acabando de preparar as carpetas cos nosos traballos e ás 11:30 tuvemos que irnos para o salón de actos para participar noFESTIVAL DE NADAL.
Fomos os primeiros en actuar xunto cos nosos compañeiros de 3 e 5 anos, e como xa vos dixemos fai uns días cantamos a panxoliña de Mamá Cabra "XA METARDAN". Tamén preparáramos outra panxoliña (Mi burrito sabanero) pero ao final por cuestión axenas a nós non poidemos cantala. No Festival participaron todos os cursos e houbo unha gran variedade de panxoliñas e tamén nos contaron a historia do Apalpador. Pero sen dúbida, o momento estelar foi a última actuación, que ademáis foi unha GRAN SORPRESA: OS PROFES CANTARON PARA NÓS!!! Noite de Paz foi a panxoliña que elexiron e o profe Luis acompañounos co piano. Fixérono xenial!!!
Xa pola tarde tuvemos a visita de Papá Noel, que nos deixou unas lambetadas e díxonos que nos portásemos moi ben para que tanto el coma os Reis Magos nos deixasen moitos agasallos. Así o desexo eu tamén Merliños, porque a verdade é que os merecedes.
As imaxes publicadas neste blogue teñen fins educativos. Se algunha delas conta con dereitos de autor, facédenolo saber para poder retiralas. GRAZAS.
OS MERLIÑ@S FALAN...
YERAY: á volta das vacacións, dille á profe Lucía, "eu estesdías atrás non vin porque estiven enfermo". Menuda sincronización para enfermar porque os demais tampouco fomos, jajajajaja...
LUCAS LÓPEZ: a profe Lucía preguntou cales eran os días da semana ao que Lucas respondeu: "Pués son el lunes, el martes, el sábado y el domingo que es festivo eh!!!" Nótase que o domingo é o día de descanso por excelencia.
ÁNXELA: sendo a encargada do día, e realizando as tarefas na asemblea, cando lle tocou poñer o tempo atmosférico dixo, despois de mirar pola ventá, e sen ningún tipo de dúbida: "Xeada, hoxe fai xeada". E a verdade é que razón non lle faltaba porque a xeada era boa, mágoa que non teñamos o seu símbolo...
DIEGO: lendo coa súa profe olvidouse dunha letra e ante a pregunta da profe de se non se acordaba de que letra era, el respondeu: "Profe, xa sabes que son moi olvidadizo"... Boa maneira de sair do paso.