lunes, 20 de diciembre de 2010

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Hoxe pola tarde tivemos unha sorpresa: A ACTUACIÓN DUN HOME-ORQUESTRA!!! Si, si, o que oides, un home cargado de todos cantos instrumentos vos podedes imaxinar e que era capaz de facelos soar a todos á vez. Tiña acordeón, harmónica, bombo, platillos e ata unha turuta...

Ese home-orquestra chamábase César e díxonos que viña dunha vila que se chama Freixo e a modo de cancións foinos contando historias do seu pobo e dos seus veciños.

Pasámolo moi pero que moi ben bailando e cantando ao son de todos aqueles instrumentos que portaba César e que cun pequeno movemento era capaz de facerlles soar.

A actuación foi un agasallo da recén estreada ANPA do colexio, á cal lle queremos agradecer o esforzo realizado para que hoxe todos poidésemos disfrutar deste gran músico.


domingo, 19 de diciembre de 2010

A ARBORE DO CORREDOR

No corredor de Infantil as nosas mestras puxeron unha árbore moi grande e moi especial. Está feito cos cartóns dos ovos que pintamos entre todos e decorado coas boliñas e coas campás de nadal que fai uns días levamos para a casa para decorar xunto coas nosas familias.

Todas elas quedaron moi fermosas e as nosas profes agradecen a colaboración dos nosos papás e mamás. Aquí vos deixamos unha pequena mostra gráfica de como quedou a montaxe.



DECORACIÓN DE NADAL

Estes últimos días estivemos decorando as nosas aulas e os corredores de Infantil para que todo vaia tomando un ambiente navideño. Así podedes ver a árbore tan fermosa que fixeron os Merliños na profe Lucía coas súas propias mans.

E na clase da profe Cris fixemos unha orixinal árbore cuns pratos de plástico e unhas mandalas de nadal que coloreamos con rotuladores. Mirade que chulo quedou!!





lunes, 13 de diciembre de 2010

PREPARANDO O NADAL



Ola a tod@s!!!

Non pensedes que vos temos abandonados pero é que andamos moi atarefados preparando os traballos do trimestre, enchendo as carpetas, decorando a aula, os corredores... en fin que estamos totalmente inmersos no Nadal, que por certo xa queda ben pouquiño para que chegue e con el as tan ansiadas vacacións.

Nos vindeiros días iremos poñendo cousiñas para que vexades como está quedando o colexio e as nosas aulas, así que non nos perdades de vista...

domingo, 21 de noviembre de 2010

CUMPREANOS DE LAURA

A nosa merliña LAURA estivo de cumpreanos o pasado venres e por iso trouxo un rico biscoito moi decorado con numerosas figuriñas de chocolate. Aí a vedes coa súa coroa a piques de soprar as candeas.

PARABÉNS LAURA!!!




SEGUIMOS COA DECORACIÓN OUTONAL

Esta semana os merliños da profe Cris tivemos un actividade moi entretida no Recuncho da Plástica. Tivemos que facer unha colaxe con cachiños de pegatinas amarelas nunhas follas para poder decorar a árbore da nosa aula. Mirade que fermosa nos quedou a árbore e que ben traballamos.




lunes, 15 de noviembre de 2010

CUMPREANOS DE LUIS

E os nosos Merliños seguen a cumprir anos. Hoxe foi o turno de LUIS, que cumpriu 4 aniños e quixo celebralo con nós traendo un riquísimo biscoito moi decorado cuns "lacasitos" de cores. Aí o vedes coa súa coroa a piques de soprar a candea do número 4.

PARABÉNS LUIS!!!