martes, 12 de octubre de 2010

ANIVERSARIO DE MÁXIMO

Onte celebramos o aniversario do noso compañeiro MÁXIMO, que cumpría 4 aniños. Como vedes na imaxe, tróuxonos unha torta moi orixinal, cunhas fermosas candeas e cargadiña de lambetadas.

Despois do ritual das candeas e do "Cumpreanos Feliz", degustamos tan exquisita torta xunto cun zume de laranxa.

PARABÉNS MÁXIMO!!!



viernes, 8 de octubre de 2010

DECORACIÓN OUTONAL

Aínda que o Outono xa comezou fai uns días, non tiveramos tempo para darlle á nosa aula un aire outonal. E foi este venres cando comezamos a decorar a nosa aula.

No recuncho da árbore das estacións colgamos uns debuxos dunha castaña e dun cogomelo que coloreamos entretidamente. Aínda nos faltan máis cousiñas que iremos facendo ao longo destas semanas.

Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo, esperamos que vos guste!


miércoles, 6 de octubre de 2010

BICOS E APERTAS

O outro día na clase da profe Cris, xurdeu unha conversación interesante sobre os amigos/as e compañeiros/as. Despois de moito falar chegamos a unha conclusión:


"Aínda que xoguemos máis con uns ou con outros, TODOS SOMOS COMPAÑEIROS".

 E para certificalo estas fermosas fotos.






Creo que sobran as palabras...

miércoles, 29 de septiembre de 2010

NOVOS HORARIOS

Informámosvos dos novos horarios a partir do 1 DE OUTUBRO

MAÑÁ

De 9:25 a 12:55 horas.

TARDE

De 14:45 a 16:15 horas, agás os LUNS que será de 15:00 a 16:30 horas.

martes, 28 de septiembre de 2010

COMENTARIOS

Xa sei que algún de vós tivo máis dun problema para poder deixar comentarios. Creo que agora está solucionado e xa é máis fácil comentar as entradas así que xa sabedes... MÁNS Á OBRA!!!

O que si vos pediría é que firmedes os vosos comentarios, xa que moitos aparecen como "Anónimos" e deste xeito non sabemos quen nos deixa ditos comentarios.

Moitas grazas a tod@s, tanto polos comentarios como polas visitas que a este paso imos ter moitísimas.

lunes, 27 de septiembre de 2010

E SEGUIMOS CUMPRINDO ANOS

Pois si, hoxe volvimos a estar de aniversario. Esta vez tocoulles a SARA e a SANDRA, da clase de profe Cris, que como vedes na foto, trouxéronnos un gran biscoito decorado cunhas figuriñas de chocolate e que tamén compartimos cos nosos compañeiros da clase de Lucía.

PARABÉNS RAPAZAS!!!

viernes, 24 de septiembre de 2010

PRIMEIROS ANIVERSARIOS

Xa nos primeiros días de colexio celebramos o aniversario de ANTONIO. Como vedes degustamos un exquisito biscoito, sopramos as candeas e entonamos o "Cumpreanos Feliz".







E hoxe venres tocoulle o turno a IRIA, que tamén nos trouxo un rico biscoito que compartimos cos Merliños da clase B. Houbo coroa, candeas e a xa coñecida canción.



Os nosos Merliños están a medrar moi rápido!!!