viernes, 9 de diciembre de 2011

UNS XOGOS DE NADAL PARA DIVERTIRSE

Fedellando pola rede atopei uns xogos divertidos para estas épocas. Se facedes clic nas imaxes poderedes aceder a eles e pasar un bo momento.

No blogue de Blanca de Actividades para Educación Infantil atopamos este xogo para decorar a Árbore de Nadal. Con un pouco de imaxinación seguro que vos quedan unhas árbores fermosísimas.


E no blogue de Educación Infantil do CEIP Calvo Sotelo descubrimos este xogo no cal podedes vestir a un simpático boneco de neve.


Para rematar, déixovos un Libro LIM sobre o Nadal elaborado por Ana Martínez do blogue AulaTic do CEE Terra de Ferrol e ao cal chegamos grazas a Rosa de Pequespazos.



PREPARANDO O NADAL

Ola amiguiños!

Os Merliños/as andamos estes días moi atarefados coa chegada do Nadal. Cada vez quedan menos días para que dén comezo estas datas tan ilusionantes para nós.

Todos xa andamos a pensar nos agasallos de Papá Noel e dos Reis Magos pero tamén nos gustan moito todas as cousas que rodean estas festas: panxoliñas, a árbore, os adornos...

Nós estamos a vestir as nosas aulas para a ocasión e entre traballo e traballo escoitamos as primeiras panxoliñas. Unha das que máis nos gusta é esta, esperamos que a vós tamén vos guste...


Pero tamén nos gusta moito oir panxoliñas en galego:



Nos vindeiros días irémosvos amosando as cousas que andamos a facer así que... ESTADE BEN ATENTOS!!!