lunes, 31 de octubre de 2011

SAMAÍN

Ao longo de toda a semana pasada estivemos preparando a celebración do Samaín que finalmente tivo lugar o venres.

As nosas aulas foron decoradas con motivos relacionados con esa festa: cabazas, morcegos, bruxas... Pero o que máis nos gustou foi a decoración coa que nos atopamos o venres pola mañá no corredor de Infantil. Nas portas das clases había unhas cortinas feitas con bolsas de plástico negro. Moito medo non nos daba pero pasámolo moi ben cada vez que entrabamos ou saiamos da aula.

Tamén andivemos a facer unhas pantasmas moi orixinais cun chupa chups e unha servilleta. A verdade é que eran moi sinxelas de facer.

Pois a xornada do venres comezaba lendo unha carta da Bruxa Piruxa que lles chegou aos nenos e nenas de 3 anos. Nela a bruxa citábanos para pola tarde dicíndonos que nos ía a contar uns contos.

Así que pola tarde, todos saimos ao corredor de Infantil e alí agardamos impacientes a chegada da Bruxa Piruxa. Todo estaba tan escuro e de fondo soaba unha música tan misteriosa que algún tivo algo de medo e incluso algunha bágoa lle caeu... Cando vimos á Bruxa Piruxa os medos fóronse porque poidemos descubrir que é unha bruxa boa. Contounos dous contos: O Lobo Feroz(Ed. OQO) e A Bruxa Regañadentes(Ed. OQO). Despois bailamos con ela ao son da canción do Samaín de Mamá Cabra.

Para rematar o día, as nosas profes repartíronnos unhas chocolitanas de Samaín.



sábado, 15 de octubre de 2011

SAN LUQUEIRAS E SAN LUQUEIROS

Estes días en Mondoñedo andamos de festas, celebramos as San Lucas. E como xa é costume na nosa cidade, nomeáronse fai uns días a Raiña e as Damas de Honra dos festexos. Ademais desta raiña e das súas damas, tamén se nomearon aos San Luqueiros e San Luqueiras infantís que este ano van a ser 3 dos Merliños. Sabela e Ánxela son as San Luqueiras e Antonio e seu irmán Andrés (4 anos B) son os San Luqueiros.

Hoxe tiveron o seu primeiro acto como San Luqueiros. Subidos nunha fermosa carroza, acompañaron ás autoridades e ao pregoeiro das festas ata o Auditorio Municipal. Alí tivo lugar a lectura do pregón a cargo de D. José María Barja Pérez, Reitor da Universidade de A Coruña e nado en Mondoñedo.

A profe Cris non deixou pasar a ocasión para fotografiar a estes fermosos San Luqueiros e de paso sacarse tamén ela unha foto con eles. Mirade que guapos estaban!!!



RECIBIMOS UN PREMIO


Desde o blogue de Educación Infantil do CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño, chéganos este agasallo. Para poder aceptalo temos que seguir as seguintes instruccións:

1.- Nomear á persoa que dá o premio: PROFES INFANTIL

2.- Indicar o seu link: http://csinfantil.blogspot.com/

3.- Escoller 7 blogues amigos:

E para rematar, unha foto miña. Non vos asustedes!!! jajaja...



CUMPREANOS FELIZ...

Nesta semana dous dos Merliños cumpriron os 5 anos. O primeiro en cumprilos foi MÁXIMO, que o fixo o martes e nos trouxo unha espectacular torta decorada con motivos da película Río.



O venres foi o turno de CRIS que tamén compartiu cos seus compañeir@s unha riquísima torta elaborada por seu pai según nos contou ela.



Os dous Merliños, disfrutaron moito da celebración do seu aniversario xunto cos seus compañeiros, sopraron as candeas e luciron as súas coroas.


PARABÉNS AOS DOUS!!!

domingo, 2 de octubre de 2011

NOVO HORARIO

A partir de mañá, 3 de outubro, temos novo horario empezando a xornada partida.

MAÑÁ

9:00 h. a 12:55 h.

TARDE

14:45 h. a 16:15 h.
agás os LUNS: 15:00 h. a 16:30 h.


As TITORÍAS seguirán sendo os LUNS de 16:30 a 17:30 h.