miércoles, 3 de noviembre de 2010

SAMAÍN

Durante toda a semana pasada estivemos facendo cousas para celebrar o SAMAÍN. Así aprendimos que esta festa é de orixe celta e que xa se celebraba fai moitos moitos anos. Tamén soubemos que se leva a cabo a noite do 31 de outubro que era cando para os celtas remataba o verán e comezaba o inverno.

O venres celebramos na aula o noso particular Samaín, coloreando debuxos de cousas típicas desta festa como son as cabazas, as pantasmas, as bruxas... E con careta incluida disfrutamos dunhas lambetadas de chocolate e duns ósos de santo que nos trouxo a mamá de Lucas López. A nós non nos fixo falta nin "truco nin trato" para pasar unha boa tarde, eso si, tivemos algunha visita dunhas pantasmas un tanto trouleiras que se fixeron unha foto con nós.



E tamén durante a semana algúns de nós trouxemos ao cole cabazas preparadas con moito esforzo e traballo para que formaran parte da exposición de cabazas que organizaron no cole os Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística. A verdade é que non se esperaba unha participación tan alta e ademais con moita competencia. Aquí vos deixamos algún exemplo e ademais temos que dicir que as fotos son dos primeiros días de exposición, porque o venres eran MOITÍSIMAS as cabazas que había. Noraboa a todos os que participastes!!!






MERENDA DO OUTONO

O martes 26 de outubro os nenos e nenas de Infantil xunto coas nosas mestras, tivemos unha merenda con froitos típicos do outono. Tiñamos unha gran variedade de froitas carnosas e froitos secos que fomos levando os días antes. Poidemos degustar mazás, peras, granadas, chirimoias, mangos, kiwis, pistachos, avelás, uvas, laranxas... Unha boa maneira de probar novas froitas e de ter un almorzo saudable.




As profes de Infantil agradecemos ás familias a colaboración prestada para poder levar a cabo esta experiencia.