domingo, 21 de diciembre de 2014

OS CÓMICOS DA RÚA

O xoves poidemos desfrutar dun espectáculo fantástico que nos fixo rir, cantar, aplaudir e pasar una mañá inesquecible.
 
OS CÓMICOS DA RÚA é un proxectos de animación musical e teatral que fai una achega innovadora á animación infantil a través das súas cancións e das súas escenificacións.
 
No noso caso, foron os nosos compañeiros de 6º os que xunto con "Matías" nos cantanban e contaban os contos de "O pequenos circo dos Cachivachis". Moitos deles incluso se disfrazaban de diferentes personaxes como o Burro Serafín, o Gato Sebastián, a rá Mariana, a bruxa do 5º... e de outros máis coñecidos como Mickey Mouse, Minnie, Bob Esponja, Spiderman...
 
Foi unha actividade que nos gustou moito e por eso lle damos ás grazas ao Equipo de Biblioteca, que fixo posible que se levara a cabo.

1 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Seguriño que disfrutaron moitísimo. Aproveito para desexarvos unhas moi felices festas! Disfrutade dunhas merecidísimas vacacións. Unha aperta.

Publicar un comentario