domingo, 21 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE NADAL E VISITA DE PAPA NOEL

O venres foi un día de tolos, non paramos un só minuto. Pola mañá estivemos na aula acabando de preparar as carpetas cos nosos traballos e ás 11:30 tuvemos que irnos para o salón de actos para participar no FESTIVAL DE NADAL.

Fomos os primeiros en actuar xunto cos nosos compañeiros de 3 e 5 anos, e como xa vos dixemos fai uns días cantamos a panxoliña de Mamá Cabra "XA ME TARDAN". Tamén preparáramos outra panxoliña (Mi burrito sabanero) pero ao final por cuestión axenas a nós non poidemos cantala. No Festival participaron todos os cursos e houbo unha gran variedade de panxoliñas e tamén nos contaron a historia do Apalpador. Pero sen dúbida, o momento estelar foi a última actuación, que ademáis foi unha GRAN SORPRESA: OS PROFES CANTARON PARA NÓS!!! Noite de Paz foi a panxoliña que elexiron e o profe Luis acompañounos co piano. Fixérono xenial!!!
 
Xa pola tarde tuvemos a visita de Papá Noel, que nos deixou unas lambetadas e díxonos que nos portásemos moi ben para que tanto el coma os Reis Magos nos deixasen moitos agasallos. Así o desexo eu tamén Merliños, porque a verdade é que os merecedes.
 
 

0 comentarios:

Publicar un comentario