domingo, 21 de diciembre de 2014

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO 2015

E con unha mostra da portada dos nosos traballos, da nosa felicitación de Nadal e dos nosos adornos, os MERLIÑOS queremos desexarvos un BO NADAL e que o 2015 nos depare a todos o mellor.
 
A partir do 8 de xaneiro non vos perdades as novas aventuras que viviremos.
 
BO NADAL!!!
 
 



 
 
 
 
 
 

 
 

FESTIVAL DE NADAL E VISITA DE PAPA NOEL

O venres foi un día de tolos, non paramos un só minuto. Pola mañá estivemos na aula acabando de preparar as carpetas cos nosos traballos e ás 11:30 tuvemos que irnos para o salón de actos para participar no FESTIVAL DE NADAL.

Fomos os primeiros en actuar xunto cos nosos compañeiros de 3 e 5 anos, e como xa vos dixemos fai uns días cantamos a panxoliña de Mamá Cabra "XA ME TARDAN". Tamén preparáramos outra panxoliña (Mi burrito sabanero) pero ao final por cuestión axenas a nós non poidemos cantala. No Festival participaron todos os cursos e houbo unha gran variedade de panxoliñas e tamén nos contaron a historia do Apalpador. Pero sen dúbida, o momento estelar foi a última actuación, que ademáis foi unha GRAN SORPRESA: OS PROFES CANTARON PARA NÓS!!! Noite de Paz foi a panxoliña que elexiron e o profe Luis acompañounos co piano. Fixérono xenial!!!
 
Xa pola tarde tuvemos a visita de Papá Noel, que nos deixou unas lambetadas e díxonos que nos portásemos moi ben para que tanto el coma os Reis Magos nos deixasen moitos agasallos. Así o desexo eu tamén Merliños, porque a verdade é que os merecedes.
 
 

OS CÓMICOS DA RÚA

O xoves poidemos desfrutar dun espectáculo fantástico que nos fixo rir, cantar, aplaudir e pasar una mañá inesquecible.
 
OS CÓMICOS DA RÚA é un proxectos de animación musical e teatral que fai una achega innovadora á animación infantil a través das súas cancións e das súas escenificacións.
 
No noso caso, foron os nosos compañeiros de 6º os que xunto con "Matías" nos cantanban e contaban os contos de "O pequenos circo dos Cachivachis". Moitos deles incluso se disfrazaban de diferentes personaxes como o Burro Serafín, o Gato Sebastián, a rá Mariana, a bruxa do 5º... e de outros máis coñecidos como Mickey Mouse, Minnie, Bob Esponja, Spiderman...
 
Foi unha actividade que nos gustou moito e por eso lle damos ás grazas ao Equipo de Biblioteca, que fixo posible que se levara a cabo.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

MOITAS FELICIDADES ANTÓN!!!

Hoxe ANTÓN cumpriu por fin 4 anos. Estaba moi contento e xa levaba tempo desexando este día, para poder ter os memos anos que os demais compañeiros.
Para celebralo tróuxonos un biscoito riquísimo con forma de peixe. Estaba todo decorado con lacasitos e por dentro tiña una fina liña de "doce de leite", estaba para chuparse os dedos!!!!
Mira que guapo sae coa súa corona.
 
 

domingo, 14 de diciembre de 2014

A CANTAR!!!

Nestes días tamén estamos ensaiando as panxoliñas que cantaremos o venres no Festival de Nadal que imos a celebrar no colexio.

Xa estamos algo nerviosos porque vamos a ser os primeiros en actuar e vamos a ter un público moi esixente: os nosos compañeiros de primaria e todos os Mestres!!!

Mamás, papás, axudádesnos a aprender moi ben estas dúas panxoliñas???

QUE ANDARÁN A FACER OS MERLIÑOS?

Mirade que entretidos están os Merliños!!!










































Que andarán a facer? Nuns días saberédelo...



jueves, 11 de diciembre de 2014

A PROFE SANDRA E OS SEUS NENOS

Onte falando coa profe Sandra, comentoume que no seu novo cole de Malpica tamén teñen un blogue así que aquí vos deixo o enlace para que poidades ver o moito que traballaban e todo o que aprenden os nenos e nenas do CEIP Milladoiro de Malpica, o cole da nosa profe Sandra, á que tanto botamos de menos.
 
Moitos bicos Sandra!!!
 

martes, 9 de diciembre de 2014

DOCES ASEMBLEAS

Desde que deu comezo o mes de decembro, as asembleas son agora moito máis doces... Que a que se debe esto? Pois a que a nosa profe trouxo á aula un calendario para saber cantos días faltan para que chegue o Nadal.
 
Neste calendario, cada día ten unha ventá e detrás dela agocha unha pequena chocolatina. Cada día abre a ventá un de nós e por suposto, tamén come a chocolatina.
 
Mirade hoxe que ben lle sentou ese chocolate a Helena!
 
 

lunes, 8 de diciembre de 2014

PARABÉNS DANI!!!

No último mes de ano celebramos tamén os últimos aniversarios. O venres tocoulle o turno a DANI, que xa cumpriu 4 anos!!!
 
Para celebralo trouxo á clase un biscoito riquísimo decorado cunhas figuriñas de chocolate... Como podedes ver na foto, DANI desfrutou do momento e do día coa súa coroa e rodeado dos seus compañeiros.
 
PARABÉNS DANI!!!