domingo, 4 de marzo de 2012

NOVO PROXECTO




Xa rematamos o proxecto de Álvaro Cunqueiro e como non podemos estarnos quedos xa empezamos a pensar no seguinte proxecto.

Comezarémolo en breves, polo de agora estamos agardando material para poder montar os nosos recantos e empezar a traballar xa no novo tema.

Esta vez imos a traballar OS NÚMEROS, algo tan presente na nosa vida e con significados moi variados. Pouco a pouco iremos descubrindo a existencia dos números en cousas que nunca imaxinamos.

Nuns días poderedes ver xa os nosos recantos con todo aquelo que traiamos das nosas casas.

2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Paréceme un proxecto moi interesante o dos números. Seguireino atentamente. Unha gran aperta.

Ana Martínez dijo...

Ola, son eu outra vez. Non consigo atoparos no premio Espiral Edublogs. O enlace da dereita non me manda a vos e se busco directamente tampouco me saídes. Sabedes por que? Todavía non vos mandaron ao correo o enlace? Un bico.

Publicar un comentario