viernes, 3 de febrero de 2012

CANTO TEMPO!!!

Pois si, pasou moito tempo desde a última entrada e xa era hora de actualizar e poñer ao día o noso blogue. Así que cóntovos brevemente o que andivemos a facer desde a volta do Nadal ata o día de hoxe.

O día 9 de xaneiro chegamos ás aulas despois dun longo periodo de vacacións e atopámonos cunha boa sorpresa: OS REIS DEIXÁRANNOS AGASALLOS NO COLE!!!

Entre eses agasallos había un pouco de todo: puzzles, xogos de mesa, carriños para as bonecas, xogos de letras e números, carriño de limpeza para o recuncho do xogo simbólico...

Pasamos unha mañá moi divertida abrindo os agasallos e xogando con eles por primeira vez pero na clase dos Merliños da profe Cris o que máis nos gustou foi, sen lugar a dúbidas, o parchís e a oca. Aínda non collimos moi ben a dinámica do xogo pero pouco a pouco imos aprendendo e o mellor de todos é que a través destes xogos traballamos tamén outras cousas como a numeración, o saber establecer normas nos xogos e aprender a respectalas...


E tamén durante os primeiros días de xaneiro encargámonos de decorar as nosas aulas acordes á nova estación do ano na que nos atopamos. Así os Merliños da profe Bego fixeron este fermoso mural do Inverno.



Xa vedes que durante este tempo non estivemos parados porque ademais de facer todo esto tamén estamos rematando o noso proxecto de Álvaro Cunqueiro. En vindeiros días poderedes ver como nos quedou.


0 comentarios:

Publicar un comentario