martes, 15 de noviembre de 2011

GUISEPPE ARCIMBOLDO

Este curso, na clase da profe Cris, volvemos a ter un Recuncho de Plástica e nel imos a traballar diferentes artistas así como algunhas das súas obras.

O primeiro en ser traballado foi GUISEPPE ARCIMBOLDO e a obra traballada foi O OUTONO, aproveitando así que nos atopamos nesta estación. A este pintor gustáballe realizar retratos empregando froitas e hortalizas propias de cada estación.

Así que nós quixemos facer os nosos particulares "Outonos" partindo dunha idea atopada en dous dos nosos blogues amigos: Cole de Colores da profe Marta e El Blog Encantado da profe Gemi.

Antes de traballar a obra, falamos un pouco de Arcimboldo e vimos algúns dos datos máis importantes da súa biografía. Despois coloreamos diferentes froitos do outono, recortámolos e pegámolos sobre as nosos perfís.

A actividade encantounos e sobre todo o resultado que como podedes ver é fantástico. Desde aquí dámoslles as grazas a Marta e a Gemi por compartir con nós as súas experiencias xa que grazas a elas podemos nós levalas tamén a cabo e descubrir cousas novas.


0 comentarios:

Publicar un comentario