lunes, 25 de julio de 2011

FIN DE CURSO

Coma todos os finais de curso, este tamén foi moi intenso. Ademais de preparar e organizar os traballos para poder levalos para a casa, tivemos un montón de actividades para despedir o curso.

Unha delas foi a actuación dun contacontos que compartimos cos peques da gardería que o vindeiro curso xa virán ao "cole dos maiores". Dicir que esta actuación foi un agasallo da Editorial Anaya, así que... MOITAS GRAZAS!!!


O día 20 de xuño fomos ao auditoio municipal para presenciar un concerto da Escola Municipal de Música. Algúns dos nosos Merliños foron protagonistas dese concerto. Aquí vos deixamos as fotos.







E xa para dar por rematado o curso, o mércores 22 de xuño tivemos unha xornada chea de xogos e música. Un ano máis e como vén sendo xa habitual nestes últimos cursos, Brétema Animación amenizounos a mañá con hinchables, diversos xogos e moita música facendo inolvidable o último día deste curso 2010/2011. Se queredes ver o ben que o pasamos, pinchade na seguinte foto.

0 comentarios:

Publicar un comentario