lunes, 4 de abril de 2011

BINGO DE LETRAS

A verdade é que o venres foi un día moi completo. Pola mañá títeres e pola tarde as nosas profes tíñannos unha sorpresa: ÍAMOS FACER UN XOGO!!! Ahhhhhhhhhh, e con premio eh!!

O xogo baseábase no coñecido xogo do bingo aínda que con algunha modificación. Non tiñamos boliñas, nin números pero si tiñamos uns cartóns con letras e as nosas profes ían dicindo os sons dalgunhas letras. Así nós tiñamos que adiviñar de que letra se trataba, buscala e riscala.

Ao final do xogo as profes déronnos uns caramelos que estaban riquísimos...

A través deste xogo traballamos un montón de cousas como a discriminación auditiva dos fonemas, o recoñecemento das letras ou a atención. Como nos gustou moito, as profes prometeron vovel a xogar outro día... cando será???

1 comentarios:

Tania Casabella dijo...

ai que ver qué ben o pasades! así calquera quere a esas profes! qué divertido é aprender así! bicos desde picarexadas

Publicar un comentario