lunes, 28 de febrero de 2011

2ª ORDE DO MANDADIÑO



PARA O MARTES TEMOS QUE TRAER...

NENOS: CHAQUETA DE MULLER

NENAS: CHAQUETA DE HOME


E LEMBRADE QUE XUNTO COA CHAQUETA HAI QUE TRAER TAMÉN OS PANOS E AS GRAVATAS.

domingo, 27 de febrero de 2011

PRIMEIRA ORDE DO MANDADIÑO


O Entroido xa está presente e xa se pode sentir na nosa comarca e no noso colexio non podía ser menos así que a partir de mañá imos a comezar a disfrazarnos e a desfrutar desta festa.

Como xa o fixemos en anos anteriores, o Mandadiño xa nos deixou a primeira orde para o Luns:

* NENOS: un pano no pescozo.
* NENAS: unha gravata.
















Tamén vos lembramos como tedes vir o vindeiro venres, que será o día que celebremos o entroido no centro e que desfilaremos polas rúas de Mondoñedo. Como xa vos dixemos na notiña que enviamos ás casas tedes que traer parte de abaixo negra ou o máis escura posible e a parte de arriba branca e vir ben abrigados por debaixo por se fai frío, xa que cando saiamos desfilar non imos levar os abrigos.

martes, 22 de febrero de 2011

COMENTARIOS

Xa podedes deixarnos os vosos comentarios para os Premios Espiral, facendo clic no logo que está situado na columna da dereita. Agardamos os vosos ánimos e dámosvos as grazas por adiantado.

O PIRATA METEPATA

miércoles, 16 de febrero de 2011

V PREMIO ESPIRAL - EDUBLOGS 2011


Outro ano máis presentámonos aos Premios Espiral. De momento o noso blogue aínda non está posto na páxina de Edublogs, pero en canto esté xa vos informarei para que deixedes os vosos comentarios e nos axudedes. A ver se este ano acadamos un premio, que os Merliños ben o merecen por todo o que traballan e sobre todo, porque SEN ELES ESTE BLOGUE NON TERÍA NACIDO. E tamén o merecedes todos vós, os que nos seguides, os que nos ledes e os que nos deixades comentarios. GRAZAS A TOD@S!!!

martes, 15 de febrero de 2011

ALERTA LARANXA

Déixovos aquí o correo electrónico que foi enviado ao centro hoxe pola tarde advertindo da alerta laranxa que estableceu a Axencia Estatal de Metereoloxía e Meteogalicia. Según vaia habendo novidades ireivos informando, xa que o noso centro atópase dentro dos concellos da Mariña Lucense que tamén se vén afectados pola alerta.

Alerta laranxa por fenómenos costeiros na Coruña e Pontevedra
Mar, 15/02/2011 - 14:11
En base ás predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, ante a previsión dun adverso meteorolóxico de vento con refachos superiores a 100 km.h (alerta laranxa) en tódolos concellos da provincia da Coruña e Pontevedra así como os integrados na comarca da Mariña Lucense.
De acordo coa recomendación formulada pola comisión de alertas meteorolóxicas reunida o día de hoxe ás 11 da mañá comunícolle a suspensión de actividades extraescolares e as que se realicen ao aire libre durante toda a xornada do 16 de febreiro de 2010.
Esta decisión non supón a suspensión de actividades docentes nin do transporte escolar, pero recoméndase o seguimento da información meteorolóxica para o caso dun empeoramento da predición ou do incremento de risco na localidade onde radique o centro escolar.
A información pode seguirse nos enderezos electrónicos:
www.aemet.es, www.meteogalicia.es e www.112galicia.org
Concellos incluídos na zona xeográfica de aviso da Mariña Lucense:
Alfoz
Barreiros
Cervo
Foz
Xove
Lourenzá
Mondoñedo
Ourol
A Pontenova
Ribadeo
Trabada
O Valadouro
O Vicedo
Viveiro
Burela

jueves, 10 de febrero de 2011

PARABÉNS AROA!!!

Hoxe os Merliñ@s da profe Cris estiveron de aniversario. AROA estreou os aniversarios do ano e como non podía ser de outro xetio fíxoo cun rico biscoito, con coroa e rodeada dos seus compañeir@s.

UNHA DE PIRATAS

Cada día chegan novas cousas aos Recantos do Proxecto e as nosas aulas vanse convertindo en auténticos escenarios piratas. Cofres con tesouros, libros, DVD's, mapas, espadas, barcos, parches, anteollos... forman parte xa do noso espazo e así están quedando os Recantos Pirata.




Unha das cousas que chegou á clase da profe Lucía foi un puzzle pirata e sen dubidalo os Merliñ@s puxéronse mans á obra para poder facelo. Así de contentos estaban despois de ver o resultado.




E como mostra desta transformación pirata déixovos esta foto que fala por si soa.



lunes, 7 de febrero de 2011

RECICLAMOS

Fai xa uns meses que os Merliñ@s quixemos concienciarnos co coidado do noso medio ambiente e quixemos aportar o noso gran de area reciclando o lixo que producimos nas nosas aulas.

Para iso as nosas profes puxéronnos nas aulas unhas caixas. Unha de cor AMARELO na cal temos que tirar os plásticos, bricks dos zumes, envases de iogures...; e a outra de cor AZUL na cal tiramos os papeis e cartóns. Os restos orgánicos tirámolos na papeleira: as mondas das mandarinas, as miguiñas do pan, as pelas dos plátanos...

Hoxe pola tarde aproveitamos o bo tempo para ir botar todo este lixo aos contedores que temos no colexio. Así que acompañados das nosas mestras e provistos das nosas caixas fixemos unha seleción do lixo tirando cada cousa no seu correspondente contedor.

Ahhhhhhhhhhhhh, e tamén descubrimos que os colectores dos restos orgánicos son de cor VERDE!!!