miércoles, 15 de septiembre de 2010

A RÁ PASCUALA


Esta que vedes aquí é PASCUALA e vai a ser a nosa mascota durante este curso. Como podedes observar é unha rá, pero non é unha rá normal. Ela é algo máis grande do que habitualmente son as rás e o seu tamaño débese a que un día Pascuala quixo ser unha nena co pelo longo. Por iso lle pediu axuda ao trasno Pillabán pero a maxia deste non funcionou moi ben e só a convertiu nunha gran rá, cunhas antenas e cuns pés enormes de aí que teña eses zapatos tan grandes.

Pascuala vainos a dar moitísimas sorpresas ao longo do curso e con ela aprenderemos moitas cousas. E todo será visto por vós a través desta ventaniña virtual.

3 comentarios:

EVA MARIA dijo...

felicidades cris polo traballo, e aqui estarei para animarte.....

vane rego dijo...

Benvida Pascuala! espero que te coiden moi ben os merliños, vaia que é ben fermosa. moita sorte neste novo curso, que con Pascula tedes unha axudante de luxo. biquiños

Anónimo dijo...

A ra Pascuala está moi ben, podemos facer unha ra pequena escondida e a ver quen a topa, coma na fachada de Salamanca, e o que atope bingo, unha sorpresa!!, jeje eu e as miñas ideas.
Bueno dar a benvida a Mondoñedo á Ra PASCUALA, e que sexa moi feliz e se divirta moito.

Publicar un comentario