domingo, 12 de septiembre de 2010

3, 2, 1... COMEZAMOS!!!

Xa estamos aquí!!! Este simplemente é o comezo dunha aventura que durará dous cursos, ata que os nosos Merliños rematen a etapa de Educación Infantil para pasar á tan ansiada Primaria. Pero ata que ese momento chegue temos moito tempo por diante. Tempo que adicaremos a ensinar e a aprender, a dar e a recibir, a transmitir e a reter, a falar e a escoitar..., en definitiva, un tempo no cal acadaremos que os nosos Merliños se fagan mellores persoas en tódolos ámbitos da vida.

Preguntarédesvos polo nome escollido para o noso blogue. Quixemos que o nome tivera relación coa nosa cidade e por iso nos remontamos á obra do autor que dá nome ao noso colexio, Álvaro Cunqueiro Mora, e en concreto a unha das persoaxes da súa obra: O MAGO MERLÍN.

Así que xa tedes a explicación do nacemento dos MERLIÑOS. Con eles descubriredes unha morea de experiencias que irán vivindo no día a día das súas aulas.

Agardamos que este espazo sexa do voso agrado e o demostredes deixando os vosos comentarios e facéndovos seguidores do blogue. Sen máis, despedímonos ata a próxima que esperemos sexa nuns días, cando recibamos tódalas autorizacións.

Saúdos de Amparo e Cris.

3 comentarios:

vane rego dijo...

coma sempre innovando! que profes de luxo teñen estes merliños mindonienses! desexovos de todo corazón que comecedes moi ben este novo curso escolar, e de seguro que estes dous anos serán inesquecibles con Amparo e Cris. biquiños

Anónimo dijo...

Parabens, polo traballo que realizades, desde aqui estarei a ver o que fai o meu neno. Un besiño.

Anónimo dijo...

Parabens pola páxina, esto ten un traballo que non vexas, así que despois de estar todo o dia cos nenos ainda máis para sacar esto adiante, pero é de agradecer asi vou vendo o que fai o meu neno no seu cole. Besiños.

Publicar un comentario